Agni e a chuvia / Dora Sales; ilustrado por Enrique Flores; traducido por Tamara Andrés
por Sales, Dora [autor/a]; Flores, Enrique [ilustrador/a]; Andrés, Tamara [tradutor/a].
Tipo: LibroSeries: SETELEGUAS.Editor: Pontevedra :Kalandraka Editora ,2017 Edición: 1ªED/2017.Descrición: 125 p : ilu. cor ; 23,5 cm.ISBN: 9788484643050.Materia(s): Inclusión -- ODS.1 -- ODS.6 | Pobreza | IndiaTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe de Leirado Sala préstamo | 82N SAL agn | Dispoñible | 3º CICLO | PEC142000007143 |
|
A partir de 8 anos
O sol ponse á mesma hora para todas as persoas que viven en Bombai. Cando chegan á súas casas, xa de noite, algunhas poderán abrir a billa para lavarse e preparar a cea. Outras, a maioría, non teñen billas nin auga da traída polo que terán que repartir entre toda a familia a auga que foron coller con caldeiros ás fontes públicas. Agni é un neno de dez anos que traballa todo o día nun lavadoiro de Bombai. Agni é unha desas persoas que non teñen billas nin auga na casa. Agni, mentres frega e refrega sen parar, soña que a súa sorte mudará algún día.
…Agni non entende moi ben que é iso de ser pobre. Só ten unha cousa clara: os seus pais, Lalita e el son iso, e todos os veciños do barrio tamén. Sábeo porque cando os adultos falan entre eles adoitan rematar dicindo que son pobres. «Ser pobre non é bo», pensa Agni ao lembrar as caras tristes que poñen os adultos cando din esa palabra. Nunca sorrín…