Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Rizos de Ouro e os tres osos / Olivier Douzou

por Douzou, Olivier [autor/a]; Ballesteros, Xosé [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: TRAS OS MONTES.Editor: Pontevedra : Kalandraka , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 40 p. : il. cor ; 29 cm.ISBN: 9788413431413.Materia(s): Albúmes ilustrados | Diversidade e inclusiónRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: A protagonista deste conto lánzase á aventura de procurar o seu lugar no mundo coas ferramentas da fantasía e a curiosidade.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe de Leirado
Sala préstamo
82N DOU riz Prestado 1º CICLO 02/02/2024 PEC142000007335

Presentámoslles aos nosos lectores unha versión moderna e innovadora do conto clásico “Rizos de Ouro e os tres osos”, que por primeira vez documentou o poeta inglés Robert Southey en 1837 a partir da tradición oral.

Esta nova adaptación achega a vivacidade duns escenarios e uns personaxes xurdidos da síntese ortotipográfica. O autor, Olivier Douzou, transforma os signos facéndonos sorrir: o 0 amarelo é Rizos de Ouro; o 1, un peto; o 4, unha cadeira e o 3 horizontal, as orellas do oso.

Este álbum, cargado de humor e creatividade, propón unha reflexión sobre os límites da liberdade individual. Os máis pequenos identificaranse coa incredulidade e a decepción do oso máis miúdo intuíndo que a curiosidade de Rizos de Ouro ten consecuencias inevitables.

A obra de Olivier Douzou pretende estimular a percepción do lector de calquera idade á vez que convida a xogar co grafismo, presenza constante nas nosas vidas. A súa formulación estética entra así, de maneira natural, dentro da corrente do simbolismo abstracto en ilustración.

A protagonista deste conto lánzase á aventura de procurar o seu lugar no mundo coas ferramentas da fantasía e a curiosidade.

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha