Rizos de Ouro e os tres osos / Olivier Douzou
por Douzou, Olivier [autor/a]; Ballesteros, Xosé [tradutor/a].
Tipo: LibroSeries: TRAS OS MONTES.Editor: Pontevedra : Kalandraka , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 40 p. : il. cor ; 29 cm.ISBN: 9788413431413.Materia(s): Albúmes ilustrados | Diversidade e inclusiónRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: A protagonista deste conto lánzase á aventura de procurar o seu lugar no mundo coas ferramentas da fantasía e a curiosidade.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe de Leirado Sala préstamo | 82N DOU riz | Prestado | 1º CICLO | 02/02/2024 | PEC142000007335 |
|
Presentámoslles aos nosos lectores unha versión moderna e innovadora do conto clásico “Rizos de Ouro e os tres osos”, que por primeira vez documentou o poeta inglés Robert Southey en 1837 a partir da tradición oral.
Esta nova adaptación achega a vivacidade duns escenarios e uns personaxes xurdidos da síntese ortotipográfica. O autor, Olivier Douzou, transforma os signos facéndonos sorrir: o 0 amarelo é Rizos de Ouro; o 1, un peto; o 4, unha cadeira e o 3 horizontal, as orellas do oso.
Este álbum, cargado de humor e creatividade, propón unha reflexión sobre os límites da liberdade individual. Os máis pequenos identificaranse coa incredulidade e a decepción do oso máis miúdo intuíndo que a curiosidade de Rizos de Ouro ten consecuencias inevitables.
A obra de Olivier Douzou pretende estimular a percepción do lector de calquera idade á vez que convida a xogar co grafismo, presenza constante nas nosas vidas. A súa formulación estética entra así, de maneira natural, dentro da corrente do simbolismo abstracto en ilustración.
A protagonista deste conto lánzase á aventura de procurar o seu lugar no mundo coas ferramentas da fantasía e a curiosidade.
1º-2º Primaria