Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A escaleira / Beatriz Montero, Raul Nieto Guridi, Marisa Núñez

por Montero, Beatriz; Nieto Guridi, Raúl; Núñez, Marisa; Nieto Guridi, Raúl.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: O.Editor: Pontevedra :OQO ,2012 Edición: 1ª ed.Descrición: 22 :il. col ;24cm.ISBN: 9788498713831.Materia(s): Matemáticas -- Libros infantiles y juveniles | Números -- Libros infantiles | oficios | Vida cotiá | Relacións sociais. Vida en sociedade
Contido:
Narrativa
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe de Leirado
Sala préstamo
82N MON esc 1 Dispoñible E. INFANTIL PEC142000004566
Prestable CEIP Plurilingüe de Leirado
Sala préstamo
82N MON esc 1 Dispoñible E. INFANTIL PEC142000004486

A escaleira é un conto orixinal de Beatriz Montero que recrea a adquisición da linguaxe nos nenos de pouca idade. Cada chanzo é unha pequena conquista da súa mente. O carteiro, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro soben a escaleira e van deixando os nomes dos seus oficios e algúns obxectos ante a porta. Deste xeito, aprenden aos poucos novas palabras e conceptos. “Non entenden todas as palabras que escoitan, pero a repetición axúdalles a gravalas na súa memoria”, subliña a escritora.
Con este conto, Beatriz Montero pretende espertar as capacidades intelectuais dos máis pequenos. Por iso, ten unha estrutura sinxela e repetitiva que facilita a memorización e o xogo de interacción cos nenos. “Subir e baixar a escaleira dota o conto dun movemento divertido, por onde pasan personaxes con diferentes oficios”.
Cada oficio é un chanzo necesario na vida cotiá, e todos son igual de importantes. O panadeiro fai o pan para comer, o zapateiro arranxa os zapatos para camiñar, o xardineiro coida as plantas e as árbores, o carteiro reparte as cartas e conéctanos cos que viven lonxe.
E como todos son igualmente importantes, todos fan o mesmo no conto: soben, chaman á porta, deixan un obxecto, e baixan a escaleira. “Coñecer as diferentes profesións axuda ao desenvolvemento social do neno nun mundo que está descubrindo”, incide Beatriz Montero.
O xogo de onomatopeas (Din-don! Din-don!), reforzado pola ilustración, dálle un ton lúdico á narración e marca un ritmo que –no caso de ser contada– permite a participación dos que a están escoitando. Respecto diso, Beatriz Montero apunta que os nenos moi pequenos necesitan que as pegadas do conto sexan reiterativas e evidentes para recordalas, memorizalas e repetilas

Narrativa

3º-4º Primaria

1º-2º Primaria