Dávila, Berta

Demetrio Demoscopio perdeu a chispa / Berta Dávila - 1ª ed. - Vigo Xerais: , 2022 - 152 p : il. cor ; 19 cm

Nun edificio de cinco andares viven Afonsa Sosón e o seu neto André, o señor Demetrio Demoscopio, as irmás Carmelina e Laudina Flan, e o mago Ciro. No edificio todos son vellos, menos André, e todos son bastante felices. Ata que unha noite Demetrio Demoscopio perde a chispa e André decide que fará todo o posible para que o seu amigo a recupere: mesmo atravesar as follas dun libro máxico e aparecer na urbanización onde viven os personaxes dos contos cando ninguén os le. Berta Dávila estréase na novela infantil cunha deliciosa, tenra e divertida historia de amor, polas persoas e tamén polos libros.

5º-6º Primaria

9788411100618


Amizade
Imaxinación
Libros
Amor ás persoas
Emocións

82

Coa tecnoloxía Koha