Lionni, Leo
Un ano enteiro / Leo Lionni - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , marzo 2025 - 32 p. : ilu. cor ; 30 cm - Colección Tras Os Montes .
Unha historia para coñecer os meses do ano e o ciclo das estacións, ademais de sensibilizarnos sobre a importancia do coidado da natureza.

Os pequenos Greta e Guille descobren o ritmo da natureza co discorrer das estacións e cos cambios que experimenta ao longo de doce meses a través da súa amiga Flora, unha árbore que lles fala sobre os beneficios da chuvia, da caída das follas e mesmo do seu temor aos lumes. Mediante un diálogo sinxelo con trazos de tenrura e humor, «Un ano enteiro» non só aborda o ciclo anual, senón tamén como se forxa unha grande amizade entre criaturas diferentes que se axudan nos momentos difíciles.
Aínda que o escenario desta historia é invariable, Leo Lionni renóvao en cada páxina amosando os fenómenos meteorolóxicos —neve, chuvia e vento, sol, distintos tipos de nubes…— propios do paso do tempo e a evolución —gromos, flores, froita…— da árbore, cuxo nome remite ao seu significado vexetal. Co su estilo característico, a base de colaxes que destacan pola riqueza do colorido e das texturas, o autor volve deleitar as lectoras e os lectores cuns simpáticos ratiños como os que protagonizan clásicos como «Frederick», «O soño de Matías», «Álex e o rato de corda», «Números» e «Cores».
1º-2º Primaria
9788413433561
Estacións do ano--meses
Fenómenos metereolóxicos
animais
82N-G